12 gotas (cuota fija mensual)

A túa cota fixa mensual

Que é 12 Pingas?
 

Poñemos á túa disposición unha tarifa plana para a túa subministración de auga, na que cada mes pagas o mesmo e ao cabo de 12 meses facemos contas. En base ao teu histórico de facturación propoñémosche unha cota mensual e unha vez ao ano realizamos unha regularización.

12 Pingas non supón cambio ningún nas condicións do teu contrato. Seguirémosche enviando as túas facturas coa información do teu consumo e gasto real como ata o de agora.

Podes desfrutar en calquera momento da modalidade de pagamento 12 Pingas de xeito gratuíto sexa cal sexa a tarifa que teñas e podes volver á túa forma de pagamento anterior en calquera momento.

Contrata 12 Pingas

groupid: 20152, currentGroupId: 20152

Que vantaxes ten? 
 

  • Mellor planificación dos gastos familiares de forma mensual e sen sobresaltos.
  • Ti elixes o día de pagamento do mes, no que queres pagar a túa cota mensual.
  • Pagamento fraccionado: en caso de que na regularización o importe a pagar sexa superior en máis do 30% ao importe estimado, terás tres meses sen custo adicional para regularizalo.

Que requisitos teño que cumprir? 
 

  • Modalidade de pagamento domiciliación bancaria.
  • Activado servizo Factura sen papel.
  • Contrato de subministración con vixencia superior a un ano.

Como podo contratalo? 
 

  • Accede á área de clientes (se non es usuario o usuaria deberás rexistrarte primeiro).
  • Tamén podes contratalo a través do teléfono de atención ao cliente ou nas nosas oficinas.